Batalla do encoro de Chosin

Batalla do encoro de Chosin
Parte de Guerra de Corea

Data 27 de novembro-13 de decembro de 1950
Lugar Campos de Changjin, Corea do Norte
Resultado Vitoria do bando chinés
Belixerantes
ONU ONU
 China República Popular da China
 Corea do Norte
Líderes
 Estados Unidos Douglas MacArthur
 Estados Unidos Edward Almond
 Estados Unidos Oliver P. Smith
 China Mao Zedong
 China Peng Dehuai
 China Song Shi-Lun
Forzas en combate
Nominais: 103 520[1]
Combatentes: ~30 000[2]
Nominais: 150 000[3]
Combatentes: ~67 000[4]
Baixas
Fontes de EE. UU.:
1029 mortos e 4894 desaparecidos
4582 feridos
7338 baixas fóra de combate[5][nota 1]
15 tanques perdidos[6]
Estimación de China:
13900[7]

A batalla do encoro de Chosin, tamén coñecida como a campaña do lago de Changjin (en chinés: 长 津 湖 战役, pinyin: Cháng Jīn Hú Zhànyì), foi unha batalla decisiva da guerra de Corea.[nota 2] Pouco despois de que a República Popular da China entrase no conflito, o Noveno Exército Popular de Voluntarios (EPV) chineses penetrou no nordés de Corea do Norte e sorprendeu ao corpo X de marines dos Estados Unidos de América. na área do encoro de Chosin.[nota 3] Ao pouco librouse unha brutal batalla de 17 días con temperaturas baixo cero. No período comprendido entre o 27 de novembro e 13 de decembro de 1950, os 30 000 soldados das Nacións Unidas (EE. UU. e os seus aliados), baixo o mando do xeneral maior Edward Almond, foron rodeados por uns 67 000 soldados chineses ao mando de Song Shi-Lun.[2][4] Aínda que as tropas chinesas eran superiores en número, as forzas da ONU conseguiron romper o cerco e retirarse, inflixindo grandes perdas no bando chinés. A evacuación das tropas estadounidenses polo porto de Hungnam supuxo a retirada total e definitiva das tropas da ONU de Corea do Norte.

  1. Appleman 1990, p. 37.
  2. 2,0 2,1 Appleman 1990, p. 24.
  3. Xue & Li Part One 2000.
  4. 4,0 4,1 Appleman 1990, p. 361.
  5. Appleman 1990, pp. 345, 347.
  6. Appleman 1990, p. 348.
  7. Xue & Li Part Four 2000.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search